DE VIÑOS POLA RIBEIRA SACRA

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra esténdese entre as provincias de Ourense e Lugo, marcando o seu límite natural o propio leito do río Sil, que nuns poucos quilómetros irá acompañado tamén polo seu eterno compañeiro, o Miño. Todos os concellos da ruta están distribuídos entre cinco subzonas de produción: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil; un extenso territorio no que o tempo se para para facerche gozar dunha terra que comparte a súa beleza paisaxística coa maxia dun rico patrimonio monumental de corte monacal. Terra marcada pola confluencia dos ríos Miño e Sil, cuxos sucos van marcando encaixados canóns de maxestosa beleza, que chegan a alcanzar no seu punto máximo ata os 500 metros de profundidade. Aquí, o noso itinerario vainos introducindo nunha experiencia chea de aventura. Ladeiras escarpadas ao carón da nosa estrada, canóns vertixinosos ao outro, e na súa paisaxe viñedos e soutos de castiñeiros se intercalan nun eterno entendemento, sendo de aquí en diante os nosos fieis compañeiros de viaxe. Pero, se espectacular é o noso traxecto por estrada, aínda pode selo máis por auga. Alguén cualificou estes canóns como os mares interiores de Galicia e tanto o Sil como o Miño posúen cursos fluviais navegables en catamarán. Dende a auga podemos divisar a paisaxe de bancais, nos que as vides loitan por gañar terra á montaña. Mostras dunha paisaxe humanizada na que o esforzo humano e a paixón pola terra marcan a súa pegada. O traballo da viña na Ribeira Sacra é identificado e coñecido como “viticultura heroica” polo esforzo e tempo que supón poñer en produción vitivinícola o terreo.

ADEGAS PARTICIPANTES

Este esforzo “heroico” tradúcese no seus viños. Os brancos son afroitados e cun fino toque de acidez, cun lixeiro retrogusto e delicada presenza no padal. Os tintos destacan polo seus aromas limpos, elegantes e intensos, e a súa cor cereixa brillante con ribetes púrpura. Equilibrados e ben estruturados, resultan uns viños redondos e amplos en boca.

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • O canón do río Sil e os seus miradoiros
  • O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, convertido en Parador de Turismo
  • O mosteiro escavado de San Pedro de Rochas, un dos máis antigos de Galicia
  • O núcleo alfareiro de Niñodaguia
  • O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, de orixe románica
  • O mosteiro co templo de arte herreriana de Montederramo
  • O mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil e o souto que o rodea
  • O castelo de Castro Caldelas
  • Montefurado, o túnel escavado na montaña polos romanos para extraer ouro
  • O Monforte de Lemos medieval e o seu Centro do Viño
  • As igrexas de San Fiz de Cangas, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán ou San Vicenzo de Pombeiro
  • O mosteiro cisterciense das Bernardas de Ferreira de Pantón
  • As rúas asoportaladas de Chantada
  • A igrexa de Santa María de Pesqueira, ubicada nun entorno máxico
  • As igrexas románicas de Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi
  • San Martiño da Cova e a vista sobre o Cabo do Mundo

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

Visita libre ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra. Trátase dun espazo museístico onde se realizará unha viaxe polo…

Museo Etnográfico de Quiroga

Visita guiada, de aproximadamente 1 hora, ao Museo Etnográfico Municipal de Quiroga. Percorrido polas distintas salas temáticas do museo, que abordan os catro produtos típicos da…

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar