DE VIÑOS E TURISMO

Achegándote a calquera das cinco Rutas dos Viños de Galicia con Denominación de Orixe poderás facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos, propoñémosche un paseo entre viñedos.

As 10as Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia terán lugar durante todas as fins de semana do mes de outubro, de xeito que do 1 ao 3 de outubro se celebrarán na Ruta do Viño Rías Baixas, a fin de semana do 8 ao 10 na Ruta do Viño de Valdeorras, do 15 ao 17 na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, do 22 ao 24 de outubro na Ruta do Viño do Ribeiro e rematarán na fin de semana do 29 ao 31 de outubro, na Ruta do Viño Monterrei.

A celebración destas Xornadas bríndanche a escusa perfecta para non demorar máis esta experiencia. Podes optar entre as sobranceiras paisaxes de Monterrei presididas pola súa impoñente fortaleza medieval, as do Ribeiro e súa antiga historia vitivinícola, as das Rías Baixas e os seus pazos e xardíns históricos, as da Ribeira Sacra, cheas de maxia de corte monacal ou as de Valdeorras, territorio de senlleiras covas… Paisaxes que mudan as súas cores e texturas con cada estación do ano.

Aproveita esta ocasión para coñecer non só as grandes adegas galegas, de modernas construccións, senón tamén aquelas máis pequenas, acolledoras e familiares, onde os colleiteiros che amosarán con agarimo o seu coidadoso traballo.

O ENOTURISMO DE GALICIA NO TEU MÓBIL

A aplicación Enoturismo en Galicia pode descargarse gratuitamente dende as tendas de aplicacións das plataformas Iphone e Android. A información proporciónase en galego, castelán e inglés, optando o usuario polo idioma que prefira. Esta ferramenta ofrece información sobre todos os establecementos adheridos ás cinco Rutas dos Viños de Galicia: adegas, destilerías, restaurantes, aloxamentos, empresas de lecer, museos, oficinas de información turística, axencias de viaxes especializadas, enotecas, etc. facilitando deste xeito ao usuario o coñecemento do enoturismo da nosa Comunidade Autónoma. Cada unha das cinco Denominacións de Orixe galegas -Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras- son presentadas amosando as características dos seus territorios e dos seus viños. Esta aplicación permite obter unha información precisa de cada recurso xa que automaticamente posibilita realizar unha chamada telefónica, enviar un correo electrónico ou acceder directamente á web propia de cada establecemento, así como tamén ofrece información práctica de como chegar ao mesmo directamente a través de “Google maps”.

EN QUE CONSISTEN AS 10as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS?

Volvemos brindar? Durante as cinco fins de semana do mes de outubro poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo pratos -maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes- e sobremesa. Algúns dos restaurantes adheridos tamén ofrecerán menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos.

En cada Ruta poderás atopar ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

*Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario de atención ao público:

Sábado: 11.30 h ,13.00 h e 17.00 h

Domingo: 12.00 h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente

RECOMENDACIÓNS EN REFERENCIA Á COVID-19

Turismo de Galicia e as Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia asumen o compromiso de cumprimento das medidas preventivas e de seguridade derivadas da actual situación sanitaria en referencia á Covid-19 en todas as actividades programadas. Así, nos Buses do Viño non se ocupará máis do 60 % da súa capacidade, deixando espazo suficiente para manter a distancia de seguridade. Informámoslles que algunhas das actividades previstas na programación de cada Ruta poderanse ver afectadas no seu desenvolvemento ou incluso poderán ser suspendidas por razóns de forza maior.

Entre os meses de setembro e outubro no Facebook de Turismo de Galicia realizaremos tres concursos por cada Ruta do Viño nos que sortearemos en total 15 premios consistentes nunha noite de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta e participante nas 10as Xornadas. Sigue as nosas redes sociais e participa!

www.facebook.com/Turgalicia
www.xornadasrutasvinosgalicia2021.com

STREET MARKETING

Os nosos trasnos xa empezaron a percorrer ás cidades galegas promocionando as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia! Apunta ás próximas datas:

  • Ourense: 21/9 e 27/10
  • Pontevedra: 27/9 e 21/10
  • Vigo: 28/9 e 20/10
  • A Coruña: 16/9 e 6/10
  • Ferrol: 17/9 e 7/10
  • Lugo: 18/9 e 13/10
  • Santiago: 19/9 e 14/10

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar