BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DAS 10as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA
FACEBOOK-INSTAGRAM

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
A entidade Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J organiza con fins promocionais os sorteos (en diante , “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A Promoción iniciarase o día 27 de setembro e finalizará o día 31 de outubro.

Convocaranse 15 premios en 5 concursos, que se anunciarán os días 27 de setembro e o 4, 11, 18 e 25 de outubro. Sortearanse 3 premios cada día: 2 entre os seguidores de Facebook e 1 entre os seguidores de Instagram.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Os requisitos de participación serán os seguintes:

• Poderán participar, de balde e voluntariamente, aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos, rexistrados previamente na rede social FACEBOOK/Instagram cun único usuario real e que sigan a Turismo de Galicia.
• Cumprir a mecánica da Promoción en Facebook/Instagram.
• Non poderán participar nesta promoción os traballadores de Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.Non poderán participar nesta promoción os traballadores da Axencia de Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados directa ou indirectemente con esta entidade pública.
• Os premios non son acumulables de xeito que cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 5 concursos non poderá volver ser elixido gañador).

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN
Elixirase aleatoriamente 1 gañador para cada un dos seguintes premios:

• Premio 1, 2 (Facebook) e 3 (Instagram): Estancia en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participantes nas 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona das Rías Baixas.
• Premio 4, 5 (Facebook) e 6 (Instagram): Estancia en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participantes nas 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona de Valdeorras.
• Premio 7, 8 (Facebook) e 9 (Instagram): Estancia en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participantes nas 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona da Ribeira Sacra.
• Premio 10, 11 (Facebook) e 12 (Instagram): Estancia en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participantes nas 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona do Ribeiro.
• Premio 13, 14 (Facebook) e 15 (Instagram): Estancia en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participantes nas 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona de Monterrei.

5.- PREMIOS
O premio consiste nunha estancia dunha noite en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nos establecementos concertados pola organización en cada unha das rutas. En ningún caso poderase elexir outro aloxamento ou o restaurante diferente ao asignado.
Todos os aloxamentos son en cuarto dobre estándar con almorzo incluido. Así mesmo todos os xantares serán á carta ata cubrir un máximo de 75,00 € (IVE incluido) en total para as 2 persoas.
O premio non é reembolsable polo seu valor económico, en caso de non gozar o premio nas datas previstas enténdese que o gañador renuncia ao mesmo, sen posibilidade de gozalo noutras datas e sen dereito a contraprestación económica algunha.
Os premios gozaranse exclusivamente na fin de semana inmediatamente posterior á data do sorteo, segundo a ruta que corresponda:
• Premios 1, 2 e 3 gozaranse do 1 ao 3 de outubro.
• Premios 4, 5 e 6 gozaranse do 8 ao 10 de outubro.
• Premios 7, 8, e 9 gozaranse do 15 ao 17 de outubro.
• Premios 10, 11 e 12 gozaranse do 22 ao 24 de outubro.
• Premios 13, 14 e 15 gozaranse do 29 ao 31 de outubro.

6.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN
A elección dos gañadores efectuarase ao día seguinte do lanzamento do sorteo e de maneira aleatoria, a través da plataforma App Sorteos, entre os participantes que:
• Acerten correctamente as preguntas expostas.
• Sexan seguidores da conta de Facebook/IG de Turismo de Galicia.
• Den “like” á publicación do concurso.
• Etiqueten a unha persoa coa que gozar o premio.

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes (por cada un dos gañadores, en total 6 suplentes en Facebook e 3 en Instagram) para o caso no que algún dos gañadores non responda no prazo de 24 horas a contar dende a data e hora da publicación do resultado do concurso na conta de Turismo de Galicia e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.

Turismo de Galicia publicará na súa conta de Facebook/Instagram os gañadores de cada concurso (2 en Facebook e 1 en Instagram) e enviará unha mensaxe directa informándolles do premio e solicitando a súa identificación. Os gañadores terán que comunicar a aceptación do premio nas 24 horas inmediatamente posteriores á publicación dos gañadores e envío da mensaxe por parte de Turismo de Galicia, mediante o envío dun correo electrónico a través da conta info@xornadasrutasvinosgalicia2021.com coa súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e un número de teléfono e correo electrónico de contacto.
O gañador autoriza a que o seu nome de Facebook/Instagram sexa publicado nas redes sociais de Turismo de Galicia.

Do mesmo modo, se informará aos demáis elixidos da súa condición de suplentes, solicitando faciliten un número telefónico de contacto directo ao mesmo enderezo electrónico para a súa posterior localización e requerimento de documentación, dado o caso.

Se o gañador non reclama o premio antes de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do sorteo, entenderase que o rexeita, pasando o premio ao primeiro suplente elixido, o cal será contactado telefónicamente. Se este tampouco remite a documentación solicitada, o premio pasará ao segundo suplente, e despois ao terceiro, quedando deserto se ningún deles responde.

Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.

7.- ACEPTACIÓN
A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade. Ao aceptar o premio, o gañador asume todos os gastos nos que incorra, salvo os que expresamente estean incluídos na promoción en cuestión, así como a responsabilidade que se poida derivar da recollida e utilización do devandito premio.

8.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.
Turismo de Galicia resérvase o dereito para excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que transgreda as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas Bases.

9.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

10.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.

Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

11.- FACEBOOK
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

12.- INSTAGRAM
Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Turismo de Galicia e non a Instagram.

13.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é a Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J.
Cada participante coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamiento e portabilidad mediante o envío dun correo electrónico a lopdturga@xunta.gal ou ben mediante carta dirixida ó seguinte enderezo: Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 Santiago de Compostela, achegando en ambos os casos copia do DNI.

14.- CAMBIOS
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

15.-FISCALIDADE
A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

16.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar